Ver versión en castellano [aquí]

MÉTODO “OEFD-SenBal”

Adestra co Campión de España de Canicross! Unha experiencia única onde ti e o teu can vos marcades unha meta e nós axudámosvos a conseguila. O canicross é moito máis que correr co teu can, é establecer unha relación de respeto, complicidade e vínculo con el.

  • Que é? “Mushing Training” é como ter un adestrador persoal. Farémosche un plan de entrenamento para ti e o teu can de cara a unha proba en concreto ou simplemente para manterte en forma, poderás adestrar con nós semanalmente, recibirás un dossier informativo e tamén todo o soporte técnico que necesites.
  • A quen vai dirixido? A todos aqueles que queiran iniciarse a facer deporte co seu can dunha forma correcta ou ben mushers que xa o fan e necesitan estructurar os seus adestramentos. Se prefires un pack de seis clases para saber o básico, visita “canicross nivel 0”.
  • Podes PROBAR GRATIS o primeiro día para ver se che gusta esta forma de crear vínculo e compartir o tempo co teu can. Seguro que si!
  • Se non vives en Galicia e non podemos vernos, non te preocupes, tamén se fan plans de adestramento a distancia.
  • Cando? Pois durante todo o ano e de forma ininterrumpida, podes anotarte ou darte de baixa cando queiras. Os horarios presenciais no noso centro son os mércores de 9:30 a 10:30 e os sábados tamén de 9:30 a 10:30 ou de 19:00 a 20:00.
  • IMPORTANTE: as altas temperaturas son moi perxudiciais para os nosos cans, motivo polo cal durante os meses de verán é posible que se teña que suspender a actividade ou cambiala de horario. O benestar dos nosos cans, premisa esencial.
  • Onde? Nós adestramos pola zona de Lousame e Noia, pero faranse saídas especiais a outros sitios de montaña. O punto base será o noso centro de adestramento e alto rendemento canino situado en Cernande – Tállara (Lousame).
  • Como o faremos? Primeiro coñecémonos, ben en persoa ou dixitalmente, disnos os teus obxectivos e poñémonos en marcha! Podes cubrir o formulario de contacto que atoparás máis abaixo ou facernos una visita se precisas máis información.
  • Canto custa? O prezo é de 30€ ao mes (IVE incluido). 25€ se fixeches antes con nós a actividade “canicross nivel 0”. Descontos especiais para grupos de entreno, clubes ou asociacións deportivas, pregúntanos!

Wali e Fernando

Anuncios