Se vas a pasar uns días fóra da casa e non podes levar contigo ao teu mellor amigo, non te preocupes, en SenBal coidaremos del como mellor sabemos!


  • Que é? Con “Gardería a domicilio” queremos que o teu peludo siga as súas rutinas habituais e non sufra estrés pola túa ausencia. Iremos a visitalo, atendelo e faremos o mesmo que fas ti con el todos os días.
  • Como o faremos? Contactamos uns días antes, explícasnos cales son as vosas rutinas de paseo, alimentación e todo o que consideres necesario e pasaremos pola túa casa para estar co teu can todo o tempo que nos pidas. Somos profesionais do adestramento canino, sabemos o que o teu peludo necesita, así que non debes preocuparte de nada!
  • Canto custa? O prezo é de 30€ o día (25€ se xa eres ou foches alumno SenBal). Inclúe todo o que habitualmente fai o teu can cada día: alimentarse á súa hora, sacalo a pasear, exercicio, rutinas de obediencia, cepillado, relacionarse con outros cans…
  • IMPORTANTE! Se o teu can ten algunha necesidade especial, ben sexa por enfermidade, idade avanzada ou calqueira outra cousa, comunícanolo para saber como actuar en cada caso e facer así que a experiencia do teu peludo sexa o máis placenteira posible.
  • Podes pedirnos consello ou reservar ou teu servizo de gardería a domicilio cubrindo o formulario que atoparás a continuación.

Anuncios