Ver versión en castellano [aquí]

O canicross é a nosa especialidade. Disfrutamos moitísimo practicándoo e queremos que ti tamén o fagas!


  • Que é? ”Cursos de canicross” está pensada como un encontro para amantes deste deporte ou ben xente que se queira iniciar. Daranse as pautas físicas i emocionais correctas para facelo, tanto a ti coma ó teu can.
  • A quen vai dirixido? A todos aqueles que practicades “running” ou calquera outro deporte de forma habitual e queredes compartilo co voso can. Tamén para quen non corre asiduamente e quere comezar a facelo co seu mellor amigo ou ben xente que xa compite en canicross. É un curso ideal para clubes e asociacións deportivas, centros de adestramento canino privados, clínicas veterinarias ou grupos de xente que practican deporte xuntos.
  • Cando e onde? O curso está pensado para facer durante dous días de forma intensiva, mañá e tarde. Desplazámonos a onde ti queiras e sempre tendo en conta as temperaturas (nos meses de verán será difícil levar a cabo a actividade por este motivo). Tamén se organizarán encontros no noso centro de adestramento.
  • Como o faremos? O curso terá unha parte teórica e unha práctica. Na primeira falarase tanto de material necesario, como de normativa, alimentación, estructura e planificación de adestramentos, estado emocional e físico do can e persoa, benestar animal, rutinas de competición e todo o relacionado con este deporte. A parte práctica consistirá en facer tres adestramentos, un sen can para centrarse máis no estado físico da persoa, outro adicado só ao can e o último que se centrará no binomio can-persoa. Ponte en contacto con nós para recibir un dossier detallado ca estructura do curso. Os horarios aproximados serán: primeiro día, parte teórica pola mañá de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 17:00, adestramento sen can de 17:00 a 18:00. Segundo día, parte práctica de 9:00 a 14:00, adestramento para o can e binomio can-persoa. Tormenta de ideas, dúbidas e preguntas a partir das 15:00.
  • Canto custa? 100€ por persoa, inclúe diploma final de asistencia, dossier con todo o tratado durante o curso, desplazamento, manutención e aloxamento se fora necesario. Contacta con nós para máis información.
  • Quen impartirá o curso? Fernando Pérez, adestrador canino titulado, campión de España de canicross terra 2015 e campión galego de bikejoring 2016, deportista galego de alto nivel pola Xunta de Galicia co seu equipo, o SenBal Team.

    IMG_4050

Anuncios