Ver versión en castellano [aquí]

Fernando e o seu can Wali son os actuais Campións de España de Canicross Terra e Campións Galegos de Bikejoring. Na temporada 2014-2015 Fernando e o seu can de raza Alaskano Sentinel, foron campións galegos de canicross en Rodeiro, subcampións de España de canicross sobre neve en Baqueira Beret e subcampións da Copa de España de canicross. A experiencia adquirida nestas carreiras, sumada á súa formación como adestrador canino, capacítano para formar a futuros cans de tiro e ós seus mushers, aumentando o vínculo entre ambos á vez que se lles proporcionan ferramentas para a súa mellora no adestramento diario.


En SenBal contamos cunha escola e clube de canicross federado, o SenBal Mushing Team, dende onde che proporcionaremos todo o que necesites para comezar a disfrutar deste espectacular deporte co teu mellor amigo.


  • A nosa premisa principal é fomentar o canicross entre os máis novos, nenos e nenas a partir dos 12 anos.
  • Comezaremos a temporada o día 6 de setembro de 2016 e remataremos a finais de maio. Non hai data límite de inscripción, podes facelo durante todo o ano.
  • Haberá adestramentos dous días á semana, os martes de 18:00 a 19:30 e os sábados de 11:00 a 12:30.
  • Canto custa? 20€ mensuais de setembro a maio + 50€ de matrícula. 20% de desconto na mensualidade a partir do segundo fillo ou membro da familia.
  • Que pasa se non teño can? Absolutamente nada, correrás cun dos nosos ata que te decidas polo teu, momento no que che asesoraremos debidamente.
  • Ademais de practicar canicross, ensinarémoslle ó teu fillo ou filla a relacionarse e comunicarse cos cans dunha forma correcta.
  • Contacta con nós cubrindo o formulario de máis abaixo, fainos unha visita ou chámanos por teléfono se precisas máis información (625441930).

Estas son algunhas mencións a Fernando nos medios (fai “click” para ver a noticia completa):

 

Anuncios