Ver versión en castellano [aquí]

Disfruta facendo deporte co teu can! Recibirás todas as pautas necesarias para iniciarte dunha forma correcta no canicross.


  • Que é? ”Canicross Nivel 0” é o noso pack de clases cas que che ensinaremos a ti e ó teu can a iniciarvos no canicross, moi importante para que o animal non colla medos e disfrute dende o primeiro momento de correr contigo. Recibirás un dossier informativo, apuntes do alumno e tarefas a realizar na casa.
  • A quen vai dirixido? A todos os que tedes un cachorro ou can adulto apto para correr e desexades poñervos en forma con el practicando unha actividade física xuntos. O can debe ter un mínimo de 8 meses, dependendo da raza, para poder realizar esta actividade. Se ten menos desa idade pero queres que se vaia habituando ao material de traballo antes de que poidas empezar a correr con el, consúltanos sen compromiso!
  • Podes PROBAR GRATIS o primeiro día para ver se che gusta esta forma de compartir o tempo co teu can.
  • Poderemos facer o adestramento no noso centro ou ben a domicilio cun cargo extra de 0,10 euros por cada kilómetro de desplazamento máis peaxes se corresponde (calqueira domicilio que se encontre a menos de dez kilómetros do noso centro, non terá cargo extra).
  • Canto custa? 145€ por seis clases (IVE incluido) a pagar en dous plazos. 80€ ao inicio do adestramento e 65€ ó remate, momento no que poderás pasarte á nosa actividade “Mushing Training” ou calqueira outra que prefiras a un prezo especial. Tamén estarás preparado para federarte no noso clube de canicross e competir en carreiras co teu amigo de catro patas.
  • Quen supervisará o adestramento? O noso adestrador Fernando Pérez, Campión de España de canicross en terra e Campión galego de bikejoring.

AVISO IMPORTANTE: O canicross é sumamente adictivo!


canicross

Anuncios