En SenBal queremos fomentar a adopción dunha maneira responsable e guiada por expertos. Pídenos consello.


  • Que é? Con “adopta” queremos axudar a protectoras e propietarios con todos os problemas que poidan ter ou surxir dun can adoptado.
  • Como o faremos? Se pertences a unha protectora ou vas acudir a ela na busca do teu amigo de catro patas, asesorámosche en todo o proceso, incluindo unha visita ó lugar. Procuraremos atopar o can que mellor se adapte ó teu estilo de vida, tendo en conta tanto as súas como as túas experiencias previas, se xa tes outros cans na casa e outros factores que axudarán no camiño á vosa felicidade.
  • Canto custa? Para todas as protectoras interesadas en colaborar con nós e propietarios que acudan a elas, as nosas tarifas terán un 50% de desconto.
  • Contacta con nós cubrindo o formulario que atoparás máis abaixo.

Anuncios