Versión en castellano [aquí]

Educación canina no Barbanza (Lousame)

 “Queremos aos cans, respetamos aos cans, disfrutamos cos cans!”

En SenBal somos profesionais do adestramento canino, especialistas en cans deportivos e con experiencia no mundo do mushing co noso equipo, o SenBal Mushing Team. A nosa filosofía de adestramento está basada en buscar cans motivados, que disfruten facendo o que máis lles gusta. Axudámosche para que aprendas a ler ó teu can e saber así o que debes proporcionarlle en cada momento.

Ofrecemos servicios de adestramento tanto básicos como avanzados e buscamos solución a calquer problema de conducta que necesites, tamén a domicilio. Ó mesmo tempo damos divertidas clases en grupo, onde poderás poñer a proba todo o aprendido no adestramento básico e disfrutar rodeado de outros cans.

Se o que queres é practicar deporte co teu mellor amigo, tamén serás benvido, visita a sección “canicross” desta páxina para ver máis detalles.

Contacta con nós se necesitas máis información!


ANACP

LO MÁS SOLICITADO

Anuncios